O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións

 


 

                                                                             

 
Bonita mañá de fútbol

C.D. Velle 3 - ClubDeportivoMaceda

O domingo pola mañá acudimos como visitantes ao recentemente reformado campo de Santa Marta en Velle. Tan hospitalarios con nós coma sempre fixeron que nos sentiramos coma na nosa casa.

Comezou o encontro con posesións largas pola parte dos dous equipos, o ClubDeportivoMaceda creaba ocasións de gol que non eran aproveitadas de forma acertada. Domínguez intentouno dende lonxe por varias veces pero o porteiro non atopaba dificultades para chapar os balóns. Aarón golpearía o lateral da rede cun lanzamento dende dentro da área.

 

Serían os locais os que abrirían o marcador nunha xogada de estratexia a balón parado na que os vermellos estaban algo despistados, o lanzamento por alto que  Pablo non lograría interceptar remataría no fondo da rede. Con este resultado chegaría o final do primeiro tempo

Comezou o segundo tempo no que o xogo era en maior parte cousa dos rapaces do ClubDeportivoMaceda, que creaban xogo no medio campo en combinación coas bandas. Nada mais sacar de centro, unha xogada ofensiva de combinación, daría a posibilidade a Fontela de rematar de forma moi potente contra a portería dos locais, pero o porteiro fixo unha parada digna de ver e impediu o empate. A insistencia prémiase e, tras unha xogada que comezaba no medio campo, Rubio conseguiría o empate. Este feito animounos un pouco e o xogo parece que se viu favorecido por momentos ao noso favor, Deste xeito, noutra xogada pola banda tras unha deixada do balón de cara de Migueliño, Domínguez golpearía co interior e con efecto dende a banda esquerda para cruzar o balón e transformar o lanzamento nun gol bastante espectacular.

Ler máis...
 
Non hai rival pequeno

C.D. Allariz 4 - ClubDeportivoMaceda 2

Visita á vila alaricana na tarde soleada do sábado dos nosos cadetes onde se ían ver as caras co último clasificado, pensando nun partido sinxelo, logo de vir dunha xornada anterior con moi boas sensacións.

Con moitas variacións na aliñación inicial, so cinco xogadores repetían titularidade, xa que vendo a clasificación do rival o míster aproveitou para darlle minutos os menos habituais.

 

O partido comeza cunha dura disputa pola posesión do balón no centro do campo de ámbolos dous equipos, pero pronto chegarían as ocasións locais que, afortunadamente, non atinaban a resolver. Deste xeito chegaba o primeiro gol, cunha internada por banda que remataba o dianteiro só.

O ClubDeportivoMaceda reporíase e nunha falta a poucos metros do vértice esquerdo da área, Pablo tocaba o balón na frontal da área onde Julián remataba a gol sin oposición. Cando parecía que íamos levar as rendas do partido, noutra xogada por banda un xogador local sorteaba a varios defensas e puña un centro o segundo pau, onde sen oposición volvían a rematar para subir o segundo gol alariacano ao taboleiro.

Ler máis...
 
Derrota con sabor a vitoria

ClubDeportivoMaceda 0 – Verin C.F. 1

Temperatura baixo cero no Cardeal Quiroga na mañá do domingo, o frío exterior pasaría a un segundo plano logo do vistoso partido que nos ofrecerían os cadetes de Maceda e Verin.

Presentábanse de novo os nosos con numerosas baixas, á de Esteban, que por lesión xa e habitual nas últimas datas e ao cal lle desexamos unha pronta recuperación, había que sumarlle as de Darío, Rubén, Gabilanes, Nacho e Miguel. Situación esta, que nos están a pasar factura nos derradeiras semanas, a pesares do esforzo incuestionable dos compañeiros que o están a dar todo no campo.

Pitido inicial, comeza o partido. Primeiras impresións do que vai ser un encontro moi disputado por ámbolos dous equipos. Comezo con posesión do balón para os da beira do Támega, que disfrutarían dalgunhas ocasións ben resoltas pola defensa, onde Julián tivo unha actuación sobresaínte sen que isto reste mérito ao resto dos seus compañeiros.

Os macedáns responderían con contras rápidas de xogo fluído, nunha delas Xaime chegaría a plantarse diante da meta contraria, O de Calvelo desta volta non atinou. Logo Raúl tería na súa cabeza a ocasión para estrear o marcador logo dun córner sacado por Pablo, de novo o balón non quixo entrar.

Ler máis...
 
 
Vitoria sen apuros

ClubDeportivoMaceda 2 - Santa Teresita 0

Décimo sétima xornada de liga cadete en Maceda, volvía o míster ao banquiño despois dun partido ausente, debido a compromisos persoais.  Presentábase o equipo con varios  cambios na aliñación, concretamente na dianteira, onde xogaban por primeira vez xuntos Xaime, Santi e Josito.

Comezaba o encontro con dominio do ClubDeportivoMaceda, e cunha ocasión para Santi, logo de recibir un centro, disputa o balón con dous defensas visitantes que acabarían despexando o perigo. A continuación sería Xaime quen probaría sorte un par de veces, sen fortuna.

 

Na outra área algunha ocasión illada que non puxo en problemas ao noso cancerbeiro Borja, agás nunha ocasión na que o de Molgas daría unha boa resposta a un tiro dos ourensáns. Os vermellos responderían cunha falta botada por Julián que despexaría o garda- redes visitante. Antes  do descanso, apenas tempo para algunha ocasión local.

Ler máis...
 
Un punto de ilusión

ClubDeportivoMaceda 2 – Antela C.F. 2

O 14 de xaneiro tivo lugar no Cardeal Quiroga o encontro no que se enfrontaron os nosos infantís contra os rapaces do Antela. O frío foi un dos protagonistas dos primeiros minutos no partido, por unha parte o campo estaba moi duro pola xeada, e pola outra o colexiado quería obrigar os nenos a quitar as camisetas térmicas que levaban para protexerse do frío aplicando firmemente o regulamento. Por sorte, finalmente, non foi preciso.

 

O partido dende o primeiro minuto tivo un equipo dominante, o ClubDeportivoMaceda. O xogo de equipo superaba con bastante facilidade aos da Limia, creando ocasións de gol ao noso favor.  Co paso dos minutos notábase que os rivais se estaban a vir abaixo. Pero como pasa tan habitualmente no fútbol, unha xogada embarullada na área local a balón parado, acaba no fondo da rede tras un rexeite aproveitado por un xogador visitante. A pesar de todo, o dominio e a posesión seguía sendo nosa, e os ánimos dos nosos non decaeron dentro do terreo de xogo. O encontro chegaría así ó descanso.

Ler máis...
 
Reparto de puntos

Ponte Ourense 2 – ClubDeportivoMaceda 2

Tarde- noite de fútbol en Oira, onde os nosos cadetes disputaban o primeiro partido deste ano 2012.

O partido comezou coma case sempre lles acontece aos vermellos, con dominio do balón e ocasións desperdiciadas. Logo, na primeira chegada sen aparente perigo aproveitarían os de Ourense para adiantarse no marcador. Unha falta centrada no borde da área, un xogador pontino lanzaría o balón raso pegado ao pau de Ismael, que non chegou para atrapar o esférico. 

Os nosos seguiron xogando igual poren, que na seguinte xogada, un saque de banda deu lugar a un un centro chut ao que o noso cancerbeiro non sairía e o balón iría a parar de novo no fondo das maias. O ClubDeportivoMaceda non  baixou a cabeza e nunha xogada elaborada finalizada por Pablo, recortaba distancias no taboleiro.

Ler máis...
 
Nadal 2011
 
 
Pouco que contar

E.D.C.Xinzo de Limia 6 - ClubDeportivoMaceda 1

Visitaban os nosos catedes as terras de Antela con moitas ganas e ilusión de pisar o céspede do campo da Moreira.

Todo se quedou nunha visita e nunha  ilusión xa que antes de que nos désemos conta tiñamos o primeiro gol enriba, e así un tras outro ata encaixar catro na primeira metade, sen poder reaccionar.

Logo do intermedio o ClubDeportivoMaceda comezaba un pouco mais asentado no terreo de xogo, con varios trocos feitos, pero aos poucos minutos un penalti en contra, que transformaría o dianteiro enganando a Borja, colocaba aínda maior distancia no taboleiro. Minutos despois penalti a favor que transformaría López por dúas veces xa que o árbitro mandaría repetir o primeiro lanzamento. Ese gol daríanos un pequeno alento que se vería trocado o recibirmos o sexto e último tanto.

Ler máis...
 
Sen virse abaixo

ClubDeportivoMaceda 3-2 Celanova 

Primeiro partido da segunda volta do equipo cadete na casa; contra un rival sempre difícil como é o Celanova. Pese ao estado do terreo de xogo, despois da choiva caída, puidemos gozar dun domingo de bo xogo por parte dos dous equipos.

Arrancaba o encontro con ocasións claras para o ClubDeportivoMaceda; primeiro unha de Pablo que tras regatear ao porteiro visitante mandaba o balón por encima do traveseiro, logo outra de Rubén que nun man a man, despexaría o porteiro. Mentres tanto, na outra área, apenas se viramos ocasións ata que, nunha contra o dianteiro centro celanovés (moi activo en todo o partido), entraría por banda ata a liña de fondo e daría un pase atrás para que  un compañeiro rematase a acción con éxito.

 

Os nosos seguirían co mesmo ímpeto e lograrían o gol do empate, obra de Pablo, logo dunha xogada individual na que, desta volta, non fallaría diante do porteiro.

Ler máis...
 
Co empate na cabeza

ClubDeportivoMaceda 1 -  Verín  C.F. 3

Gran partido o vivido o sábado á mañá no Cardeal Quiroga. Chegaba o Verín C.F. como equipo punteiro da categoría a Maceda, coa intención de sumar os tres puntos e seguir o camiño da fase de ascenso a Liga galega.

Pero o noso equipo xuvenil lonxe de amedrentarse plantou cara e fixo un gran partido. Comezou a primeira parte con dominio macedán, tanto en ocasións como en posesión de balón, pero o gol resistíase. Tivo que ser de novo Piñeiro quen, logo dun mal saque do porteiro rival, se fixera co esférico, superara a súa marca e colocara o primeiro gol do partido no marcador.

O encontro semellaba controlado polo ClubDeportivoMaceda, que logo do gol se repregou e mantiña a raia aos verineses, saíndo a contra con moitos espazos.

Antes do asubío que marcaba o regreso aos vestiarios para tomar alento Piñeiro, desafortunado nesta volta, perdía un balón no medio campo que puña en risco a nosa defensa e custábanos o empate. Apenas sacar de centro o arbitro sinalaba o tempo de descanso.

Ler máis...
 
Unha vitoria co sabor da ilusión

ClubDeportivoMaceda 2 - Santa Teresita 1

O dia apareceu frío e mollado no campo Cardeal Quiroga. O ClubDeportivoMaceda, no seu rol de local, recibía ao Santa Teresita.

O partido comezou algo apagado pola nosa parte, cedendo a posesión aos rivais por momentos, pero sendo duros e efectivos na defensa. Pouco a pouco o noso xogo foi mellorando, querendo o balón cerca do pé, e con boas combinación entre os xogadores. Tivo ocasión de abrir o marcador o Santa Teresita, pero o noso porteiro Pablo, estaría firme baixo paus.

 

Sería en torno o minuto 19 cando, tras unha xogada por banda esquerda, Migueliño transformaría a ocasión nun importante gol, marcando o rumbo do partido para os vermellos e gozando desa vantaxe mínima ata o descanso.

Comezou o segundo tempo con dominio da posesión do equipo visitante que, logo dunha falta cometida moi preto da área local, obtería o seu premio ao empatar o partido cun lanzamento ben axustado o pau.

Ler máis...
 
Sen intensidade non hai puntos

ClubDeportivoMaceda 0 E.F.M. Arenteiro 5  

Mañá clara e soleada no Cardeal Quiroga, temperatura e terreo de xogo ideais para disputar un bo partido de fútbol. Ese, cando menos, parecía o guión antes de comezar.

O xogo iniciouse con ocasións para ámbolos dous lados sendo máis claras as dos visitantes. Mediada a primeira parte unha imprecisión entre a defensa e o noso cancerbeiro Ismael foi aproveitada polos carballiñeses para adiantarse no marcador.

Os nosos non foron quen de reaccionar e pouco despois recibían o segundo tanto, froito dun centro que o noso Ismael non atina a despexar, o balón queda morto e sen oposición algunha é empurrado ao fondo das redes.

O ClubDeportivoMaceda seguía falto de tensión, o que sería aproveitado polo rival para conseguir o terceiro; un lanzamento a balón parado que un dos dianteiros visitantes controlou na área con tempo dabondo para rematar. Con esta xogada rematou a primeira parte.

Ler máis...
 
Un gol que vale tres puntos

Pabellón Promesas 0 – ClubDeportivoMaceda 1

Partido disputado na tarde- noite do sábado no sempre difícil campo Miguel Anxo (Os Remedios), onde os nosos loitaron ata o final para levarse os tres puntos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 10
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 1 invitado conectado