O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Tocándoa baixo a auga

ClubDeportivoMaceda 3 - S.D. Arrabaldo 1 

Despois do moito que tiña chovido na noite do Sábado sobre Maceda, o Cardeal Quiroga recibiunos enchoupado de auga, especialmente no fondo contrario da entrada e nas posicións dos cancerbeiros, se ben mellor do que cabía esperar á vista dos lameiros veciños.

 

Os nosos enfrontábanse a un Arrabaldo que viña demostrando ser un dos equipos en boa progresión nesta liga e capaces de dar a sorpresa en calquera campo. Por outra banda os macedáns mostraron dende o primeiro minuto que o pasado encontro nas Eiroás non entraba na dinámica do equipo e dende o principio trataron de levar o peso do partido.

Ler máis...
 
Vitoria merecida do líder

ClubDeportivoMaceda 1 - U.P. Taboadela 3

Un Taboadela totalmente convencido das súas posibilidades presentouse no Cardeal Quiroga disposto a facerse definitivamente co mando da 2ª Autonómica.

Nin sequera o primeiro gol macedán, cando aínda non se tiña superado o ecuador da primeira parte, fixo dubidar a un líder disposto a marchar cos tres puntos en xogo. Nese intre os nosos non lles quedou outra que botar man da habitual fortaleza defensiva para resistir as acometidas visitantes. Porén dous erros clamorosos, un da nosa zaga no saque rápido dunha falta ao borde da área, e outro do colexiado que non sancionou un clarísimo fora de xogo, volverían colocar as cousas no peto dos de Taboadela.
Ler máis...
 
Máis difícil do agardado

Santa Teresita 2 - ClubDeportivoMaceda 3

Complicado o partido que lles tocou xogar aos infantís na mañá do sábado nas Eiroás. Os nosos enfrontábanse ao Santa Teresita, un equipo que a pesares de ocupar un dos  últimos postos na táboa clasificatoria e recibir varias goleadas no que levamos de liga, soubo xogar as súas armas para facer un bo partido e que os nosos pasasen moitos apuros.

Nos primeiros dez minutos, os locais gozaron de varias oportunidades de xeito que aos vinte, chegaría o primeiro gol ourensán. O choque non podía comezar de peor forma xa que a parte de chegares o primeiro gol local, o ClubDeportivoMaceda non estaba realizando o bo xogo ao que nos tiña acostumados en partidos anteriores.

Ler máis...
 
O mellor, os tres puntos
ClubDeportivoMaceda 3 - Soutopenedo C.F. 1

Partido estraño o disputado na mañá do domingo no Cardeal Quiroga entre dous rivais directos por evitar o descenso, e así aínda que o partido dos nosos non foi bo, puido golear e sen embargo rematou sufrindo.

Na primeira parte, o equipo dispuxo dunha manchea de oportunidades que, unha tras outra, se foron malogrando agás unha das primeiras que Michel transformaba no único tanto que ao descanso lucía o marcador.  Pola contra o equipo visitante só dispuxo dunha ocasión subliñable que J.Luis desbaratou cunha boa parada.

Ler máis...
 
Aproveitamento táctico

C.D. Allariz 1 - ClubDeportivoMaceda

Tres Tantos a balón parado déronlle o ClubDeportivoMaceda a súa cuarta vitoria consecutiva. Este triunfo coloca aos vermellos a catro puntos das posicións de ascenso logo do empate do Monterrei e a espera da visita ao Cardeal Quiroga do líder Taboadela a vindeira fin de semana.

O partido en terras alaricanas ofreceunos de novo un equipo forte en defensa e que trata de explotar as poucas ocasión das que dispón. Enfronte un C.D. Allariz “B” que a pesares de ter maior posesión de balón nunca deu sensación de perigo. A escasa profundidade do seu xogo fixo que incluso os nosos se sentisen cómodos nesa situación; o balón era para o contrario, as ocasións, aínda que contadas, eran nosas.

Ler máis...
 
A distancia entre o éxito e o fracaso é tan estreita...

Piñeira Seca C.F. 1 - ClubDeportivoMaceda 2 

Moita auga acompañou aos xogadores do equipo de modestos no seu desprazamento a Piñeira Seca. A verdade é que foi unha mágoa pois o campo, a pesares das estreiteces, tiña moi boa pinta e aínda con todo o que lle caeu enriba aguantou ben ata mediada a segunda parte.

O partido foi  duro, deses de balón en largo á area e esperar a que alguén pesque algo. O campo non permitía lucimentos.

 

E nunha destas, cando aínda non ía mediado o primeiro tempo apareceu Juan para por patas arriba o comentado anteriormente, non só logrou pescar unha bola desas largas con poucas posibilidades de éxito, senón que o fixo con clase e gustándose. Baixou o balón que viña do ceo, acomodouno a perna dereita e fusilou a meta dos de Piñeira. Un 1-0 que permitía ver o encontro doutro xeito, agora serían eles os encargados de levar o ritmo, algo complicado nas condicións que presentaba o día.

Ler máis...
 
Magostos 2009

A pasada semana tódolos equipos do ClubDeportivoMaceda festexamos o San Martiño dando conta dunha boa chea de churrasco, chourizo, castañas e demais viandas. Para que poidan probar os que non estiveron aquí quedan un par de fotos dos magostos.

          

Dende o club queremos tamén agradecer ao Tito, do Karaoke Capitol, tanto o churrasco e os lagostinos cos que nos obsequiou como a súa colaboración entre fogóns para que todo estivese perfecto.

 
Estrea con bo pé

Estreáronse, e fixérono con bo pé os rapaces da Escola de Fútbol Concello de Maceda- ClubDeportivoMaceda na mañá do sábado no Pavillón de Deportes de Maceda.

          

ClubDeportivoMaceda 10 - AAVV Arranxar 0

Os alevíns foron moi superiores a un AAVV Arranxar que foi sempre a remolque, os nosos aos cinco minutos xa gañaban por 4-0 e despois puideron gozar de minutos tódolos integrantes do equipo. O resultado final de 10-0 da conta da diferenza entre os dous equipos e ilusiona os nosos para próximos enfrontamentos.

 

ClubDeportivoMaceda 3 - Celanova 2 

Pola súa banda os benxamíns atoparon no Celanova un duro rival que llo puxo realmente difícil. Os nosos comezaron ganando con claridade, 2-0 e 3-1, e acabaron pedindo a hora nun final de partido non apto para cardíacos.

 
Merecida e moi necesaria vitoria

ClubDeportivoMaceda 6 - C.P. Calasancio 2

Vitoria contundente e merecida a lograda polo primeiro equipo xuvenil na mañá do sábado ante un rival directo na zona baixa da clasificación. O partido dos nosos foi moi completo e os parciais de 3-1 e 3-1 mostran a superioridade do equipo durante todo o partido. Unha superioridade que se empezou a plasmar grazas a un gol de Guede desde fora da área.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 3 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 2 invitados conectado