O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Vitoria traballada

Ponte Ourense "C" 1 - ClubDeportivoMaceda 4

Difícil partido o que lles tocou xogar aos infantís ao carón das augas do Miño na mañá do Sábado. Os nosos enfrontábanse a un bo equipo, o Ponte Ourense “C”, que durante o encontro gozou de varias ocasións, aínda que finalmente non fosen capaces de transformalas en gol, grazas ao bo traballo defensivo dos nosos.

O choque non podía comezar de mellor forma, xa que aos cinco minutos, Carlitos coaba un balón por alto que sorprendía ao porteiro local e, ao mesmo tempo,  rompía a dinámica macedá de comezar sempre os partidos perdendo. O gol amansaba o rápido que se estaba empezando a desenvolver o encontro. Ao longo da primeira parte viuse un xogo moi activo por ambas partes, no que hai que destacar varios man a man ante o porteiro; Esteban, Xaime e Miguel non foron quen de acertar a levar a bola ao fondo das mallas e a situación facía roldar pola cabeza dos seareiros macedáns aquela máxima do fútbol que di que “o que perdoa  remata perdendo”. Daquelas os pontinos xa avisaran tamén cun par de perigosas contras ben resoltas polos centrais ClubDeportivoMaceda Cristián e Juli.
Ler máis...
 
Cinco minutos que manchan un bo traballo ao longo do partido

Ponte Ourense "C" 7 - ClubDeportivoMaceda "B" 1

Semella unha constante no equipo do xuvenil “B” que as boas intencións e o esforzo ao longo dos encontros se dilúa nun par de minutos faltos de concentración. Xogadas a balón parado e erros puntuais están a marcar a traxectoria deste equipo, que por loita e calidade podería competir coa maioría dos equipos da súa liga.

 

Isto volveu a acontecer na mañá do Sábado no sintético de Oira fronte a un Ponte Ourense “C”, que se ben mereceu a vitoria, atopouse finalmente cun marcador esaxerado que para nada reflicte o acontecido no terreo de xogo.

Ler máis...
 
Aguaceiro de goles

ClubDeportivoMaceda 5 - Maristas Ourense 1

O equipo infantil do ClubDeportivoMaceda continúa a demostrar con goles que pode optar aos primeiros postos da súa liga. Neste caso os nosos impuxéronse baixo unha chaparrada constante a uns Maristas que mantiveron as súas opción ao longo do partido pero que finalmente acabaron por caer diante do maior empuxe dos locais.

 

Ler máis...
 
Co vento a favor

A Merca F.C. 1 - ClubDeportivoMaceda 3

Non se presumía sinxelo o enfrontamento da fin de semana fronte a Merca C.F., una lista interminable de baixas (Pedro, Pablo Formoso, Juan, Borrajo, Pablo Molgas…), un rival que se mostra sempre aguerrido, e un campo que nos sorprendeu polo potente aire co que nos recibiu, presentaban unha situación favorable para o equipo que tivese menos interese en levar o control do partido.
 

Ao longo do primeiro tempo o ClubDeportivoMaceda fíxose co balón, axudado pola dirección do aire e o bo estado do terreo, máis a ocasións de gol non remataban de ser claras, apenas un par de achegamentos en centros por banda esquerda de Rubio e tiros ao lonxe de Michel e Formoso. O descanso mostraba que as papeletas para o empate eran as máis vendidas.
Ler máis...
 
Pólvora mollada

ClubDeportivoMaceda 2 - S.D. Vilardevós 2

Non estaba a tarde de domingo para moitos lucimentos, un campo ateigado de auga e as baixas na portería tampouco porían as cousas fáciles. Aínda así o ClubDeportivoMaceda saíu disposto a resolver a papeleta o antes posible, máis o colista non era o mellor rival nestas circunstancias.

Despois de 20 minutos de dominio, primeira contra (por chamarlle dalgún xeito) dos da raia, centro- chut dende banda esquerda e o balón cóase na porta ante a inútil estirada do porteiro “en funcións” Juan. Continuou a bola nos pés locais pero os nosos tiñan a pólvora mollada, tres ou catro chegadas máis ata que nunha parede ao borde da área, un defensa golpea a Rubén e o arbitro sinala penalti. O mesmo Rubén levaría o empate ao taboleiro. Descanso, continuaba a chover.

Ler máis...
 
Sen comentarios

ClubDeportivoMaceda 0 - U.D. Barbadás 10

Pouco que engadir ao resultado, aplastante superioridade visitante ante un equipo local que deu a peor imaxe da tempada, unha imaxe de equipo desganado e que saíu ao terreo de xogo derrotado de antemán. Poderiamos decir que se fixo o peor partido ante o, probablemente, mellor equipo da liga. Nesas circunstancias o resultado non podía ser outro.

 

Ler máis...
 
O Diego de Vilar a Marca: "Hoxe en día un caño faicho calquera"

Unha xogada do noso compañeiro do equipo de modestos Diego, deu moito que falar en tódolos sitios alá onde vai o equipo. Hoxe, o diario deportivo Marca dedícalle a portada en exclusiva … e é que hai cousas que xamais pasan desapercibidas. 

 

 
De novo sufrindo até o final

C.P. Calasancio 2 - ClubDeportivoMaceda 3

Fría mañá de sábado a que nos tocou vivir en Monforte. O frío non impediu que o partido fose o máis disputado dende o comezo de liga. O encontro comezou con dominio dos macedáns, xa que nos quince primeiros minutos, os monfortinos apenas superaron o medio campo. Despois de varias ocasións a prol nosa, Ramón encargaríase de recuperar un balón solto no medio do campo, superar despois a dous ou tres contrarios e sacar un tiro preciso que se transformaría nun impresionante gol.

A alegría duraría pouco, pois minutos despois, un balón colgado á área dos locais converteríase no empate. O partido cada vez estababa máis equilibrado, chegando así ao descanso.

Ler máis...
 
No derradeiro suspiro

Pabellón Ourense "C" 3 - ClubDeportivoMaceda 3

Emocionante e disputado partido de fútbol o que nos tocou vivir o domingo ás 10 da mañá nos Remedios. O comezo do partido amosounos ás armas que os dous equipos ían empregar para buscar a vitoria sen complexos; puidemos ver un par de ocasións por bando antes de que Xaime alcanzase un balón en largo dende banda esquerda e superase por riba ao porteiro pabellonista, bonita vaselina que acomodaba o partido para os intereses macedáns.

Aínda que o dominio da bola durante o primeiro tempo correspondeu ao ClubDeportivoMaceda, os ourensáns chegaban en rápidos contraataques e xogadas de estratexia. A apatía defensiva dos nosos, unida ás novidades do equipo na zona central do medio campo, facía que no campo se mascase o empate. Porén, unha xogada persoal de Ramón subiría o segundo tanto ao taboleiro, o forte disparo do mediocampista do Reconco resultou imposible de deter para o cancerbeiro local. Aínda chegaría o primeiro tempo para ver un  gol do Pabellón e deixar de novo a batalla totalmente aberta.

 Metidos no segundo tempo, o control do partido comezou a mudar de bando e os locais conxuráronse para sacar adiante o encontro, as súas ilusións serían temporalmente cortadas por un novo tanto de Ramón, quen despois de recoller a bola no medio campo sorteou un par de rivais e viuse só ante o porteiro ao que superou cun preciso tiro cruzado.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 4 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 1 invitado conectado