O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Unha de cal... esta semana de area

ClubDeportivoMaceda 1 - Villar de Barrio F.C. 1

Toda a ilusión que lograra inxectarnos o equipo modesto co partido da semana pasada en Cualedro veuse abaixo nun domingo para esquecer no que, aínda que estivésemos xogando un par de horas máis, o resultado non se tería movido.Con bastante frecuencia ten acontecido que o equipo visitante ponse por diante no Cardeal Quiroga e aos nosos cústalles un mundo remontar, somos capaces de dominar o partido por completo pero a bola non visita ás mallas rivais.

 

 

Ler máis...
 
Comezo esperanzador

ClubDeportivoMaceda 5 - Verín C.F. 0 

Primeiro partido de Liga para o equipo infantil, que seguiu a traballar na liña do ano pasado (coa incorporación de Formoso como adestrador) e apenas botou de menos a ausencia de xogadores de grande peso na tempada 2008- 2009 e que pasaron de idade, casos de Johni, Iago Casonel, Borja, Luis David, Javi…

O primeiro tempo estivo moi disputado, con ocasións por ambos bando e unha maior ambición pola parte do ClubDeportivoMaceda que, mediado este período, se transformaría no primeiro gol dos macedáns, obra de Santi.

Ler máis...
 
Espertou o bo xogo

C.D. Cualedro 1 - ClubDeportivoMaceda 4

Co medo metido no corpo a conta do horario que colocarán os locais para a disputa da xornada de liga, marcharon os xogadores do ClubDeportivoMaceda ás 10:15 h. da mañá, cando polo pobo xa comezaban a aparecer os primeiros participantes da I Carreira Popular Vila de Maceda.

Pareceulles sentar ben o madrugón ós nosos pois xa aos 10 minutos levaban un par de ocasións claras de gol e a posesión do balón demostraba que sobre aquel campo só había un equipo disposto a arriscar pola vitoria. Aparte destas claras ocasións, os nosos desperdiciarían nestes primeiros intres unha pena máxima nos pes de Roberto, que pouco despois deixaría que fose Rubén o encargado de subir o primeiro tanto ao taboleiro, logo do segundo penalti pitado polo colexiado.

Ao pouco de comezado o segundo tempo empataría o Cualedro, máis era so un espellismo e, antes de que nos entrase o medo no corpo o ClubDeportivoMaceda volveríase a adiantar (outra vez de penalti, este o único que podería ofrecer algunha dúbida, aínda que nin os xogadores contrarios reclamaron)  por medio de Formoso.

Ler máis...
 
Excesivo castigo

ClubDeportivoMaceda 1 - S.D. Arrabaldo 5 

 

Excesivo marcador para os méritos duns e outros, sobre todo na primeira parte onde, a pesar de que foron os nosos os que levaron o peso do encontro, tendo máis posesión aínda que sen crear demasiado perigo, o equipo visitante aproveitou cada achegamento, case sempre en xogadas individuais do seu media- punta , xogador número 8, que foi o auténtico protagonista do partido con catro goles. O 0-3 co que se chegaba ó descanso, como vimos decindo, amosábase totalmente inxusto para os méritos duns e outros.
Ler máis...
 
Sen premio
C.D. Velle 3 - ClubDeportivoMaceda 1
Primeiro partido da tempada para o xuvenil A do Maceda, de novo na primeira categoría do fútbol xuvenil provincial. Se houbera que resumir o partido nunha frase podería ser esta: o ClubDeportivoMaceda puxo as ocasións e o C.D. Velle os goles.
Desta maneira os tres puntos quedaron para os locais que aproveitaron dous saques de esquina, un ao pouco de comezado o partido e outro xa cara o final, e unha desafortunada serie de rexeites mediada a segunda parte para facer os tres tantos.
Ler máis...
 
Dúas caras moi diferentes do Xuvenil B

ClubDeportivoMaceda 4 - Rivadavia Atlético 7 

Sorprendíanos agradablemente o equipo xuvenil B no partido disputado o sábado de mañá no Cardeal Quiroga, e dicimos o de agradablemente a pesares do resultado final, e por riba de todo se pensamos que o marcador ao descanso era un 3 - 1 ao noso favor. O certo é que o primeiro tempo foi igualado, as chagadas a porta repartíronse polos dous bandos pero os nosos estiveron máis acertados.

 

Ler máis...
 
¿Qures ser noso amigo?

Si, xa podes ser amigo do ClubDeportivoMaceda no Facebook. Estaremos encantados de que te convirtas nun seareiro virtual máis e poder contar coas túas opinións, alento e suxestións.

Veña, faite amigo noso! 

 

 
Sumar, sumar, sumar...

ClubDeportivoMaceda 1 - Sporting Celanova B 0 

Con mentalidade numérica saíu o ClubDeportivoMaceda ao Cardeal Quiroga na tarde do Domingo. Non había outra opción máis que sumar os tres puntos para romper o xeo e comezar a encher o taboleiro de vitorias nesta terceira xornada. Puido complicarse a cousa pois nos primeiros quince minutos as ocasións repartíronse polos dous bandos e os celanoveses incluso enviaron un balón ao pau nun lanzamento de falta.

 

Pasados eses 15 primeiros minutos o balón comezou a ser macedán, chegaron un par de ocasións claras antes do descanso pero o coiro non estaba por entrar. Daquelas, un Juan moi pelexón, xa fixera traballar arreo ao porteiro cando menos nun par de ocasións.

Ler máis...
 
Partido bronco e derrota

C.D. Rocas 2 - ClubDeportivoMaceda 0 

Presentábase dura a tarde de Sábado en Esgos fronte a un equipo recen descendido, que pese ao reducido número de efectivos se reforzou moi ben este ano. Os prognósticos cumpríronse e o partido camiñou pola senda da forza e a estratexia, a falta de concentración neste derradeiro punto e, tamén hai que dicilo, a sorte do noso rival fixo que nun saque de esquina, e despois dun rexeite da defensa, se adiantasen cun tiro de “espuela” de Héctor que se colou directamente na meta macedana. 

 

  

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 5 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 1 invitado conectado