|
O vindeiro sábado día 5 de Setembro bota a andar unha nova tempada da 2ª Autonómica, o ClubDeportivoMaceda, xunto con equipos coma o Rocas, Barbadás B, Taboadela e Monterrei entre outros, volvera tentar loitar ata o final polos postos de ascenso. O comezo de Liga preséntase duro, con un primeiro partido na casa (Cardenal Quiroga Sábado 5 ás 18:00 horas) fronte a un dos favoritos deste ano, o Barbadás B, equipo xoven, con gusto polo manexo do balón e o tempo do partido. Será unha boa proba para valorar as posibilidades do noso equipo. Esperámosvos. |
|
Primeiro adestramento equipos infantil e xuvenil |
|
Con motivo do VII Mmorial Miguel Seara os equipos infantil e xuvenil comezarán os seus adestramentos ao longo desta semana. En concreto a convocatoria para o primeiro adestramento dos equipos base é a que segue: Equipo infantil: Xoves 6 de agosto ás 19:00 h. no Cardenal Quiroga Equipo Xuvenil: Xoves 6 de agosto ás 20:00 h. no Cardenal Quiroga |
|
O grupo de rapaces da Escola de Fútbol Concello de Maceda- C. D. Maceda que asistiron á presentación dos membros da iniciativa Ourense Escuela de Fútbol Total, puideron gozar das anécdotas de Modesto e Ramón Dacosta e descubrir como dous cativos coma eles chegaron a xogar na primeira división. |
|
Ler máis...
|
|
Concurrido peche de tempada |
|
O pasado venres máis de cen persoas da Escola de Fútbol Concello de Maceda- ClubDeportivoMaceda acudiron o acto de peche desta tempada, onde tivemos a ocasión de compartir inquietudes cos membros da iniciativa Ourense Escuela de Fútbol Total. No acto entregáronse tamén os II Trofeos Xogador Exemplar en cada unha das categorías da Escola. Como ben nos contaron os infantís Jonhy e Carlitos na súa intervención, estes trofeos tratan de premiar aos membros da Escola que destaquen polo seu bo facer, por representar aqueles valores que dende a Escola se pretenden fomentar; implicación na organización, compañeirismo, traballo en equipo, respecto ó adversario, logro de obxectivos mediante o esforzo, e convivencia co triunfo e a derrota. |
|
Ler máis...
|
|
Os pais e nais dos rapaces do equipo infantil quixeron rematar o ano amosándolle ós cativos que aínda conservan boas maneiras sobor dun terreo de xogo.
O certo é que o tempo non acompañou, porén a auga non desmereceu un espectáculo que por si só pagaba a pena. Ó final uns defendéronse mellor coa bola, outros tiñan reservado o seu intre de protagonismo para o churrasco. ¿E o resultado?. Pois, logo do empate, un dos dous equipos gañou aos penaltis... e é que estes pequechos sempre teñen toda a sorte do mundo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Subcampións da Copa Deputación |
|
C. D. Ourense 3 – ClubDeportivoMaceda 2 Comezara moi ben a mañá para os nosos cativos xa que se desfixeron sen maiores problemas do rival de semifinais, un ccccc que a pesar do 6 – 2 en contra loitou até o final. A tarde fíxose longa, ás 11:00 da mañá os rapaces xa sabían que se enfrontarían ó C. D. Ourense na final, e deulles moito tempo para soñar unha e outra vez coa final da tarde. Porén todo chega e nun abrir e pechar de ollos alí nos atopábamos, uns na cacha e os outros (moitos pais, o adestrador do primeiro equipo e o dos xuvenís...) berrando dende unhas bancadas nas que cando menos desta volta gañaban os seareiros macedáns.
O partido comezou con dominio dos ourensáns, os nosos semellaban nerviosos, fóra de sitio, só con algunha que outra contra lles conseguíamos meter o medo no corpo. Nesta disposición chegou o primeiro gol ourensanista, un disparo afastado que Ismael rexeita, peta no traveseiro e o rebote é aproveitado por un rival para anotar totalmente libre de marca. O golfixo que os nosos rincharan os dentes e fosen polo encontro, veu a a fase de maior dominio macedán e antes do intermedio acadábamos o empate nun potente lanzamento de falta de Xose. |
|
Ler máis...
|
|
Oira 2 - ClubDeportivoMaceda 3 Partido de alta intensidade o que vivimos na tarde noite do Sábado en Oira. Os dous equipos afrontaban este primeiro encontro da Copa Deputación sabendo que calquera erro ó longo da liguiña minguaría enormemente as súas opción de pasar á seguinte rolda.
O encontro comezou con dominio da posesión dos locais, froito da acadaría o seu primeiro gol cando aínda non chagáramos ó ecuador da primeira metade. Os nosos ben repregados atrás mastigaban as súas opción nas botas dun Juan que, coa súa velocidade e loita, puxo en xaque a toda a defensa dos pontinos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Piñeira Seca 2- ClubDeportivoMaceda 2 Pequenos detalles foron os que nos deixaron ás portas da Copa Deputación este ano, sen dúbida o partido da ída colleunos no peor momento da tempada e o 2 – 0 en contra era un atranco de peso. Aínda así tivemos claras opcións (e intencións) de darlle a volta a eliminatoria este pasado domingo, máxime despois de ver como Roberto adiantaba o equipo no primeiro terzo de partido. Outro gol teríamos levado a decidir o semifinalista nos lanzamentos de penalti. 
|
|
Ler máis...
|
|
ClubDeportivoMaceda 5 - Verín 4 Semellaba que todo ía ser coser e cantar logo do brillante comezo dos nosos alevíns, que con goles de Cristian, Juli, Xose e Pablo levaron un 4 – 0 ó taboleiro antes de chegar ó descanso. O xogo era neses intres dominado en tódalas facetas polos nosos e as escasas ocasións dos da beira do Támega eran solucionadas con solvencia polo cancerveiro local Ismael.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>
|
|
Página 6 de 9 |