|
ClubDeportivoMaceda 1 - Maristas 4
O primeiro doo da maña no Pavillón dos Deportes de Maceda presentábase complicado e é que a presencia física do equipo ourensán dos Maristas era evidente. De tódolos xeitos os máis cativos do ClubDeportivoMaceda aguantaron o tipo e mantiveron o cero cero durante boa parte do primeiro tempo, inclusive tiveron un par de ocasións para adiantarse no taboleiro. |
|
Ler máis...
|
|
Entrimo 1 - ClubDeportivoMaceda 0 Partido moi disputado o celebrado na tarde do domingo en terras raianas. A pesares de que ningún dos equipos se xogaba nada puidemos ver por momentos boas combinacións e chegadas por ambas partes. |
|
Ler máis...
|
|
Abultada derrota na Limia |
|
Antela C. F. 4 - ClubDeportivoMaceda 0 Non tiveron a sorte de cara os nosos infantís na visita a Xinzo de Limia o pasado Sábado. A pesares de ter que recoñecermos a superioridade do Antela, o forte aire marcou as diferenzas nun primeiro tempo que deixou liquidado o encontro cun taboleiro no intermedio de 3- 0 favorable os limiaos. |
|
Ler máis...
|
|
Final con bo sabor de boca |
|
Oira 2 - ClubDeportivoMaceda 2 Derradeiro partido da tempada para os cadetes do club, que chegaban xa sen opcións de clasificarse para a seguinte fase da Copa Deputación, pero con gañas de demostrar a súa progresión durante este ano. O partido foi igualado en tódolos sentidos; posesión, loita e ocasións repartíronse por ambos lados. O Oira adiantouse no taboleiro cando aínda non se superaba a metade do primeiro tempo, un gol ó borde d fora de xogo que semellou contrariar ós nosos pois ata aquel intre os achegamentos máis claros viñeran da man dos macedáns Fabian e Dani. |
|
Ler máis...
|
|
S. D. Porqueira 2 - ClubDeportivoMaceda 5 Só deste xeito se podería describir o encontro que os nosos disputaron o Domingo en Porqueira. Día gris, frío, campo impracticable, un rival que só acadou 2 puntos no que vai de liga… |
|
Ler máis...
|
|
|
Os Veteranos Maceda xa son de Segunda |
|
Na tarde do Sábado consumouse o ascenso dos Veteranos Maceda á Segunda División Ourensá. Despois dun par de tropezos na recta final da liga que fixo dubidar os seareiros das posibilidades de ascenso, os Veteranos Maceda acadaron nun partido por veces duro, o ascenso que se lle negou o pasado ano. O encontro foi igualado dende o principio, con oportunidades por ámbalas partes e un ritmo elevado para o que adoita ser normal nestas categorías. Pasado o ecuador d a primeira parte Pepe Rivas adiantaba ós macedáns logo dun potente zurdazo tras unha parede ó borde da área con Pedro. |
|
Ler máis...
|
|
Reportaxe aos infantís en La Región |
|
O pasado Martes 7 de Abril o suplemento +Deporte de La Región, no que se actualiza a información sobre o deporte base da provincia, dedicáballe unha ampla reportaxe o noso equipo infantil. Aquí vos deixamos un enlace para aqueles que non o puidestes ler. |
|
|
Os veteranos xóganse o ascenso |
|
O vindeiro Sábado día 18 o equipo de Veteranos de Maceda xógase o ascenso á Segunda Provincial fronte o Bucéfalo. Ámbolos dous equipos remataron segundos dos seus respectivos grupos, os macedáns con 61 puntos por detrás do Trasauto Arrabaldo, e os seus rivais con 57, seguindo de cerca os de Vilatuxe. 
|
|
Ler máis...
|
|
Un punto gañado, dous puntos perdidos |
|
Xunqueira de Ambía 0 - ClubDeportivoMaceda 0 Non era Xunqueira, en teoría, o lugar ideal para que o C. D. Maceda se xogase as escasas posibilidades que aínda lle restan para acadar o ascenso á Primeira categoría do fútbol provincial. Na práctica, ese pensamento quedou claro os cinco minutos de xogo, cando xa se cometeran un par de faltas e cada disputa de balón facía saltar faíscas. O adestrador macedán Manolo, consciente do anterior presentara unha aliñación eminentemente física, con Roel e Rubén na punta de ataque dispostos a levarse tódolos balóns aéreos. A baixa de Formoso obrigou tamén a darlle a batuta do equipo a Michel, que cumpriu sobradamente no seu cometido e se converteu no xogador máis destacado do equipo. Baixo estas premisas se desenvolveu un primeiro tempo no que as ocasións foron contadas, a destacar unha dos locais nun balón colgado que Iván despexou e na que os locais pediron penalti, aínda que o árbitro xa anulara a xogada. Por parte dos nosos unha de Pedro na que non atopou mellor xeito de rematar que co calcaño e da cal saíu un remate que despexou baixo paus un defensa dos de Ambía. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>
|
|
Página 7 de 9 |