O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Debut con derrota

C. D. Allariz 2 - ClubDeportivoMaceda 0

Debutaron os nosos infantís no grupo B da Copa Deputación, o escenario era o mellor posible xa que nos esperaba o campo sintético de Allariz e o día amencía soleado. Porén semellou que o sol adurmiñou os macedáns e o inicio desta nova fase da Copa fixo aparecer os nervios que non mostraran en anteriores xornadas.

Ler máis...
 
En portada: ¿Candidatos ó ascenso?

Inauguramos unha nova sección. Non podíamos facelo doutro xeito perante a primeira aparición do ClubDeportivoMaceda no diario deportivo Marca.

 

Preme aquí para ver a portada...
 
Tocaba non fallar

ClubDeportivoMaceda 2 - Transmiras 1

A verdade é que a tarde do Sábado non puidemos gozar dun gran espectáculo no Cardeal Quiroga, pero a estas alturas e despois dos derradeiros tropezos o máis importante nestes intres era acadar os tres puntos. E a iso saíron os homes de Manolo, que dende un primeiro instante asumiron o mando do partido e crearon as poucas ocasións que houbo no encontro. Aparte dos goles de Javi no primeiro tempo e de Roel, que debutaba no equipo despois de xogar esta tempada no Espadana, no segundo período, houbo cando menos outros tres balóns ós paus; de Carliños, Roel e Chomba.


Ler máis...
 
Hoxe coñecemos a... Tomás.

Tomás González Álvarez, é un rapaz de Ourense ó que a amizade empurrou a xogar no C. D. Maceda. Veu un día para probar o que se facía por aquí e logo rematará a súa terceira tempada no club. Ademais da súa importante colaboración no ascenso do equipo xuvenil o ano pasado, tamén temos que subliñar o seu debut, con só 15 anos, co equipo de modestos da 2ª rexional. Estuda 1ºde bacharelato no Instituto IES O Couto e parece ser que nalgún intre tivo o corazón dividido entre dous deportes; fútbol e baloncesto.

Ler máis...
 
Pasamos de rolda... sufrindo.
ClubDeportivoMaceda 2 - S. D. Arrabaldo 3

A piques estivo de dar a sorpresa a S. D. Arrabaldo o domingo á maña no Cardeal Quiroga, lembremos que os nosos partían cunha vantaxe de 0- 3 lograda no partido de ida disputado entre semana en Santa Cruz.

Tendo en conta esta renda, o técnico local Lucas deu entrada no once titular a xogadores que non adoitan saír de partida e o equipo sentiu a  baixa de xogadores clave coma Ramón, Iago ou David Prol. Fose como fose, os nosos levaron a iniciativa do xogo e gozaron das ocasións máis claras, porén o equipo visitante adiantouse nun lanzamento de falta colocado a certa altura que fixo inútil a estirada do cancerbeiro macedán Ismael.

Ler máis...
 
Só un puido gañar: C. D. Maceda 2 – Ponte Ourense 1

Gran partido de infantís do que puidemos gozar na mañá do Domingo en Maceda. Fronte a fronte dous equipos que gustan do toque do balón e que puxeron toda a carne no asador.

O partido transcorreu sen un dominador claro, con chegadas por ámbalas partes e dominio de posesión compartido. Os rapaces do Ponte atopábanse nesta fase con bastantes espazos baleiros o que, engadido á calidade do seu medio campo, fixo que os nosos pasasen un par de situación de perigo, resoltas doutra volta sen complicacións por Ramón. Os nosos nos pés de David Prol xogábanse un par de man a man co porteiro visitante... non fomos capaces de resolver.

Ler máis...
 
Facendo do Cardeal Quiroga un fortín: C. D. Maceda 3 - C. D. Rúa 1
Mal comezaba o partido dos nosos  xuvenís esta fin de semana xa que o equipo rival adiantábase subindo o 0-1 ó marcador logo de comezar o encontro.

Fose por isto ou non, os macedáns puxéronse mans a obra para sacar adiante o enfrontamento cos rueses e cunha xogada espectacular de Michel, que driblou a cantos defensas lle saían ó paso, conseguían o empate antes de rematar a primeira parte.

 

 
Ler máis...
 
Primeiro man a man perdido: C. D. Maceda 0 - C. D. Paderne 1

Palpábase no ambiente  do Cardeal Quiroga este sábado a importancia do derby que disputarían o equipo macedán e padernés. As cartas repartidas e enriba do tapete o liderado da 2ª rexional con dúas escuadras serias que saben facer dos defectos dos adversarios virtudes propias.

Ó contrario do que cabía esperar o noso equipo saíu con medo, temendo que un gol en contra nos primeiros instantes deixase sentenciado o enfrontamento.

Ler máis...
 
Plantando cara ó campión de liga: C. D. Maceda 2 - Barbadás B 0

A tarde do Sábado ofreceunos en Maceda un encontro de infantís con dous equipos que teñen na posesión do balón e no toque o seu manual futbolístico.

 

 

Presentábase o Barbadás B no Cardeal Quiroga como campión da Liga de 2ª Autonómica e isto foi un elemento motivador máis para que os nosos rapaces mostraran apositiva evolución dos derradeiros meses.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 8 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 1 invitado conectado