O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Primeiro tempo de luces e segundo de sombras: C.D. Maceda 5 - Pabellón Promesas 5
Saíron os cadetes ó Cardeal Quiroga con outro aire, loitaron, combinaron con facilidade e Chirri nun primeiro tempo memorable marcou tres golazos que encheron as bancadas de incredulidade.
Ler máis...
 
Chuvia de goles até o final: Ribeiro 4 - C. D. Maceda 4

O partido disputado na mañá do sábado polo noso equipo xuvenil rematou cun empate a catros nun partido no que o desorde táctico por parte dos dous equipos desencadeaba constantes chegadas a portería.

 

 
Ler máis...
 
Sen perder o ritmo: C. D. Maceda 2 - Piñeira Seca 0
Tarde de domingo sen maior historia a que vivimos no Cardeal Quiroga, o C.D. Maceda enfrontábase a un Piñeira Seca que grazas ó seu cancerbeiro e á grande cantidade de ocasións marradas polos discípulos de Manolo marchou de Maceda se unha boa presa de goles enriba.

Víase que gol ía chegar pero os dianteiros macedáns erraban unha vez si e outra tamén diante dos tres paus dos limiaos. Formoso dirixía con mestría o equipo, marcando o ritmo máis axeitado en cada intre e dando unha lección de estratexia no fútbol.  Deste xeito cando viu que o encontro non se rompía e que pronto marchariamos para o intermedio, colleu o balón para lanzar unha falta sen maior perigo, colocouse  e, sorprendendo a todos, colou habilmente o lanzamento libre polo lado de fora da barreira.

 

 

Ler máis...
 
De felos e futbolistas

Soaba o eco das chocas na Serra de San Mamede, centos de felos inundaban as rúas de tódolos pobos do noso Concello. De entre todos eles unha manchea de rapaces da Escola de Fútbol Concello de Maceda- C. D. Maceda. ¿Adiviñas que son?

 


Desubre quenes son...
 
Dous puntos que se escapan: C. D. Maceda 1 - Velle 1

Partido moi disputado o do Sábado no Cardeal Quiroga entre os nosos xuvenís e o Velle. O C.D. Maceda adiantouse no marcador no minuto 15 nunha xogada elaborada no medio campo e un remate impecable do dianteiro Samu. A partir de aquí o C. D. Maceda tivo o control total do partido facendo inútiles os intentos do Velle por sacar algo positivo da súa visita a terras macedáns.

Ler máis...
 
O C. D. Maceda gaña de novo sen mudar o disfrace
Saída complicada para o C. D. Maceda, o único equipo que acadara os tres puntos no Cardeal Quiroga en toda a primeira volta. O equipo consciente das estreiteces do terreo de xogo dedicouse a buscar balóns largos cara os puntas.Javi volveu a marcar de penalti
Ler máis
 
Comezamos!

Botamos a andar con esta nova singladura na rede.

 

 

Despois de tempo e moito traballo estreamos web, algo que se ven merecendo o CD Maceda dende hai moito tempo, pero sobre todo os seus Siareiros. Dende aqui desexámos que a páxina chegue a todo o mundo posible e, por suposto, sexa o máis util, pois esa é a nosa máxima intención. Esperamos tamén que sigades con interese tódalas actualizacións do sitio, dende os resultados e as clasificacións, asi como as enquisas e outros proxectos que levemos a cabo, só falte dicir que para reportar calquera fallo, suxerencia, aclaración ou pregunta, vos dirixades a sección de contacto, na cal vos responderemos ó e-mail, o máis brevemente posible.

Nos vos quitamos máis tempo e animámosvos a explorar a nova web!

Saúdos.

 
Unha vitoria apática: Arranxar 0 - C. D. Maceda 2

Os nosos infantís lograron sacar adiante un partido no que dende os primeiros minutos se viu que o equipo non estaba centrado.

Comezou o partido con claro dominio do C. D. Maceda que cun par de triangulacións chegou os dominios do cancerbeiro visitante, porén os frouxos disparos dos dianteiros macedáns non acadaron o seu obxectivo.

Ler máis...
 
Funciona xa a primeira enquisa!

Como non podía ser de outra forma, xa temos traballando a primera enquisa da web. Quen pensades que ten máis opciós á hora de gañar o título de campión de liga de Segunda Autonómica? Non perdades máis tempo e votade na que pode ser a enquisa máis dificil que vos encontredes.

 

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 9 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 3 invitados conectado