|
Resltados e Clasificacións |
|
|
|
|
ClubDeportivoMaceda 5 - Trasmiras C.F. 0 O Entroido pasou polo Cardeal Quiroga sen que ao Trasmiras C.F. lle dese tempo a sacar a carauta, nun partido trabado e duro no que os limiaos nunca chegaron a por en perigo a vitoria dos de Manolo. 
O total dominio dos nosos dende o primeiro minuto, no que xa Formoso estivo a piques de transformar un libre directo, só se vía perturbado por algún balón largo dos da Limia, cheo de corazón pero sen cabeza, que o cancerbeiro xuvenil Jose Luis atallou sen maiores problemas. O partido mantívose aberto ata pouco antes do descanso pois o estreito do marcador, o 1-0 fora obra de Igor, mantiña as esperanzas e os ánimos do cadro visitante. Todo se lles veu abaixo cando ao pouco de comezar o segundo período, Roberto anotaba o segundo para o ClubDeportivoMaceda. A partir de entón, xogo brusco, protestas, tiróns musculares e máis gañas de Entroido que de fútbol. Nesta mascarada foron caendo novos goles dos locais, primeiro rubio nunha fermosa vaselina dende banda esquerda, logo Igor faría o segundo na súa conta persoal e, para pechar, o 5-0 definitivo un rápido un contra un de Juan, resolto con sobriedade. |
|
Ler máis...
|
|
ClubDeportivoMaceda 3 - Ponte Ourense "C" 1 A mañá do Sábado presentábase fría e aos nosos custoulles “quentarse” para despregar o seu mellor xogo e superar a un rival que viña disposto a furgar na ferida provocada polos últimos tropezos na liga.  Saía o ClubDeportivoMaceda cun once moi renovado onde destacaban os alevíns Oskina, Iván Otero e Martín, que xa puideramos ver fronte ao Maristas Ourense, e que volveron a deixar no banco aos teóricos titulares. |
|
Ler máis...
|
|
Clara derrota en Chantada |
|
S.D. Chantada 5 - ClubDeportivoMaceda 1 O xuvenil B desprazábase o pasado sábado a terras chantadinas na procura dun resultado positivo. Porén os locais non deron moitas opción aos nosos. Podedes ver a crónica do partidos e fotos dos equipos na páxina da S.D. Chantada. |
|
Maristas Ourense 3 - ClubDeportivoMaceda 1 Saltaron os nosos infantís ao campo do Parque Tecnolóxico cun equipo titular no que destacaban as ausencias dalgúns habituais no once infantil. Sorprendía especialmente a titularidade dos alevíns Iván Otero e Dani na punta de ataque, máis tamén a praza no banquiño de Adrián Gavilanes e Xaime ou a ausencia na convocatoria de Ramón. Segundo os monitores do equipo, Lucas e Formoso, a intensidade dalgúns xogadores nos últimas semanas de adestramento tense reducido de xeito brusco e iso estase a ver reflectido tanto nas oportunidades que están a ter os que manteñen a intensidade de meses atrás, así como no xogo e nos resultados do equipo. |
|
Ler máis...
|
|
ClubDeportivoMaceda 3 - C.D. Cualedro 2 Nin por un intre o partido do pasado sábado colleu ritmo, máis todos semellaban contentos ao remate do encontro; os rivais porque, aínda con baixas, plantaron cara e tiveron nos pés un mellor resultado, os nosos porque ao tran- tran conseguiron tres puntos máis. 
A cousa pintaba mal de principio, pouco ambiente (máis esaxerado que de costume; sábado, fútbol- sala, partido do Espadana, partido de veteranos, o Barça na TV…), día gris e gol madrugador dos visitantes. Por sorte os nosos acudiron a tempo e Rexá, aprobeitando que Michel se sacou un pase de tiraliñas do peto, enseguida igualaría o encontro. As contadas ocasións nesta primeira parte eran a favor do ClubDeportivoMaceda, logo chegaría un segundo gol nun remate sobrado de serenidade, obra de Roberto. Porén as cousas seguian sen ter moi boa pinta. |
|
Ler máis...
|
|
|
Doutor Jekyll e mister hyde |
|
ClubDeportivoMaceda 2 - C.D. Allariz 2 Dúas caras ben distintas mostrou o xuvenil macedán na visita do Allariz, un equipo con aspiracións de meterse entre os catro primeiros pero que na primeira parte se viu totalmente superado polo equipo local. E foi así porque nesta primeira parte os nosos disputaron os mellores minutos de toda a temporada, cun aluvión de bo xogo e ocasións. Ocasións que comezaron ben pronto cando Martín puido por dúas veces adiantar ao ClubDeportivoMaceda pero primeiro disparou fora, e logo ao longueiro. De todas formas, a terceira foi a definitiva e o propio Martín puña o 1-0. Avanzada a primeira parte sería Torres o que resolvía un “barullo” na area do Allariz subindo o segundo ao noso taboleiro. Ademais en toda a primeira parte sucedéronse as ocasións con ata tres tiros máis contra os paus, Tomás nun man a man, Emilio, e Míchel logo de regatear a toda a defensa contraria e o porteiro, no último momento un mal bote provocaba que mandase o balón fora... a todo isto, do Allariz solo unha boa ocasión con disparo o longueiro que logo despexa Fabián cando chegaba outro dianteiro para remachar. En definitiva, espectacular primeira parte pero, como se presumía, escaso botín para os méritos feitos. E xa se sabe que nesto do fútbol, o que perdoa, paga. |
|
Ler máis...
|
|
O pasado sábado o porteiro infantil, Isma, tivo que abandonar debido a unha lesión, o encontro que enfrontaba ao ClubDeportivoMaceda e ao Verín C.F. na vila do Támega. Finalmente as probas mostraron unha pequena rotura na tibia. Sabemos que non foi nada grave e que Isma xa está desexando volver a xogar; en 2 meses volverémolo ter baixo aos paus do Cardeal Quiroga, e seguro que moito antes animando aos seus compañeiros.
Dende aquí, compañeiros, adestradores e directiva queremos mandarche un forte alento para que a recuperación sexa o máis curta e levadeira posible. Ánimo Isma! |
|
|
Re- póker de goles para seguir na partida |
|
ClubDeportivoMaceda 6 - A Saínza C.F. 1 Aínda que polo resultado poida semellar o contrario, o xogo do pasado Domingo fronte A Sainza C.F. non resultou aburrido. Os da Limia plantaron cara a un ClubDeportivoMaceda que saíu enchufado, o ritmo dos primeiros vinte minutos de partido por parte dos dous equipos foi do mellor que se ten visto no Cardeal Quiroga ao longo da tempada. Con estas cartas enriba da mesa chegou a xogada mestra de Borrajo, o mediocampista de Almoite, encañonou a escuadra visitante dende 30 metros e sen pensalo disparou. O 1-0 feriu de morte aos limiaos e cambiou definitivamente o devir do partido. |
|
Ler máis...
|
|
Pabellón Ourense C.f. 5 - ClubDeportivoMaceda 1
Partido xogado na xélida tarde- noite do sábado e no que o noso equipo deu unha boa imaxe durante os primeiros 60 minutos para descomporse logo. E iso que o partido comezaba mal, cun gol en contra no minuto 5 despois de que unha falta executada directamente sorprendera a Jose Luis. Nembargante o xuvenil macedán reaccionou rápido e sobre o 15 Emilio puña o empate no marcador; dende entón, posesión para o Pabellón pero sin crear perigo ante un ClubDeportivoMaceda que defendía con moita orde, ben colocado sobre a herba artificial dos Remedios. Porén, cando o Maceda, cara o final da primeira parte tentaba ir pouco a pouco para arriba, o Pabellón, terceiro clasificado na liga, sorprendía nunha contra e marcaba o 2-1 co que se chegaba ao tempo de lecer. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>
|
|
Página 2 de 9 |
|
|
¿Quen está en liña? |
|
Tenemos 1 invitado conectado |
|