O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Re- póker de goles para seguir na partida

ClubDeportivoMaceda 6 - A Saínza C.F. 1

Aínda que polo resultado poida semellar o contrario, o xogo do pasado Domingo fronte A Sainza C.F. non resultou aburrido. Os da Limia plantaron cara a un ClubDeportivoMaceda que saíu enchufado, o ritmo dos primeiros vinte minutos de partido por parte dos dous equipos foi do mellor que se ten visto no Cardeal Quiroga ao longo da tempada.

Con estas cartas enriba da mesa chegou a xogada mestra de Borrajo, o mediocampista de Almoite, encañonou a escuadra visitante dende 30 metros e sen pensalo disparou. O 1-0 feriu de morte aos limiaos e cambiou definitivamente o devir do partido.

Antes do descanso Juan subiría o 2-0 ao taboleiro e xa de regreso dos vestiarios, nun saque de esquina, o comodín Roberto poría definitivamente fin á partida co terceiro gol macedán.

De aquí ao final chegarían novos goles de Rubén, Rexá e Formoso para os nosos, e un merecido gol na conta da Saínza.

A liga parará agora ata o primeiro fin de semana do 2010, e o ClubDeportivoMaceda atópase a 5 puntos dos postos de ascenso nunha liga na que o Taboadela (polo visto ata o de agora) ten tódolos ases na manga para cantar a xogada do triunfo.