O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Doutor Jekyll e mister hyde

ClubDeportivoMaceda 2 - C.D. Allariz 2 

Dúas caras ben distintas mostrou o xuvenil macedán na visita do Allariz, un equipo con aspiracións de meterse entre os catro primeiros pero que na primeira parte se viu totalmente superado polo equipo local. E foi así porque nesta primeira parte os nosos disputaron os mellores minutos de toda a temporada, cun aluvión de bo xogo e ocasións. Ocasións que comezaron ben pronto cando Martín puido por dúas veces adiantar ao ClubDeportivoMaceda pero primeiro disparou fora, e logo ao longueiro. De todas formas, a terceira foi a definitiva e o propio Martín puña o 1-0. Avanzada a primeira parte sería Torres o que resolvía un “barullo” na area do Allariz subindo o segundo ao noso taboleiro.

Ademais en toda a primeira parte sucedéronse as ocasións con ata tres tiros máis contra os paus, Tomás nun man a man, Emilio, e Míchel logo de regatear a toda a defensa contraria e o porteiro, no último momento un mal bote provocaba que mandase o balón fora... a todo isto, do Allariz solo unha boa ocasión con disparo o longueiro que logo despexa Fabián cando chegaba outro dianteiro para remachar. En definitiva, espectacular primeira parte pero, como se presumía, escaso botín para os méritos feitos. E xa se sabe que nesto do fútbol, o que perdoa, paga.

E é que a segunda parte para nada tivo que ver coa primeira, o equipo visitante saíu moito máis enchufado e ao tempo o noso moito máis relaxado. Deste xeito, primeiro co lanzamento dunha falta e logo nunha embarullada xogada na nosa area o Allariz empataba o partido. Hai que dicir que si ben, dominaron máis non tiveron, para nada, o nº de ocasións que tiveron os nosos na primeira. 

Logo do segundo gol, o Allariz, certo é, buscou máis o terceiro fronte os nosos que si ben puideron acertar nalgunha contra parecían aínda non comprender cómo se escapaba este partido.

A explicación, non obstante, é fácil, porque na primeira parte non se pode perdoar tanto e na segunda non se fixeron as cousas ben.

Mención especial a Seara e Graña que non puideron ter minutos pero que teñen unha actitude e unha capacidade de sacrificio polo equipo digna de resaltar.