|
ClubDeportivoMaceda 3 - Ponte Ourense "C" 1 A mañá do Sábado presentábase fría e aos nosos custoulles “quentarse” para despregar o seu mellor xogo e superar a un rival que viña disposto a furgar na ferida provocada polos últimos tropezos na liga.  Saía o ClubDeportivoMaceda cun once moi renovado onde destacaban os alevíns Oskina, Iván Otero e Martín, que xa puideramos ver fronte ao Maristas Ourense, e que volveron a deixar no banco aos teóricos titulares.
O certo é que os primeiros minutos foron de dominio visitante, no ecuador do primeiro acto adiantaríanse no taboleiro e con esa vantaxe marcharían os dous equipos aos vestiarios. Aos nosos custáballes combinar e apenas puidemos ver un par de combinacións entre Xose e Carlitos ao borde da área, e unha chegada de Esteban, facilmente neutralizada pola diferenza de envergadura a favor do centrais pontinos. O segundo tempo mudou a cara do encontro, os nosos saíron máis centrados e isto reflectiuse no seu xogo. Apareceron en escena Gavilanes, Ramón e Xaime e a súa maior presenza física e experiencia mudou o ritmo do encontro. O empate non tardaría en chegar, obra de Carlitos despois dun lanzamento de falta de Ramón que o porteiro non deu blocado e caeu aos pes do macedán. Sería tamén Carlitos quen adiantase aos nosos ao conectar un perfecto remate de cabeza. Xa só restaba que Xaime, atento como sempre a todo o que poida caer na área, subira o 3-0 definitivo ao taboleiro e asegurase 3 novos puntos para os vermellos. Podedes ver umha excelente reportaxe videográfica do partido na páxina do Ponte Ourense www.ponteourense.org |