O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Mascarada

ClubDeportivoMaceda 5 - Trasmiras C.F. 0 

O Entroido pasou polo Cardeal Quiroga sen que ao Trasmiras C.F. lle dese tempo a sacar a carauta, nun partido trabado e duro no que os limiaos nunca chegaron a por en perigo a vitoria dos de Manolo.

O total dominio dos nosos dende o primeiro minuto, no que xa Formoso estivo a piques de transformar un libre directo, só se vía perturbado por algún balón largo dos da Limia, cheo de corazón  pero sen cabeza, que o cancerbeiro xuvenil Jose Luis atallou sen maiores problemas. O partido mantívose aberto ata pouco antes do descanso pois o estreito do marcador, o 1-0 fora obra de Igor, mantiña as esperanzas e os ánimos do cadro visitante. Todo se lles veu abaixo cando ao pouco de comezar o segundo período, Roberto anotaba o segundo para o ClubDeportivoMaceda. A partir de entón, xogo brusco, protestas, tiróns musculares e máis gañas de Entroido que de fútbol.

Nesta mascarada foron caendo novos goles dos locais, primeiro rubio nunha fermosa vaselina dende banda esquerda, logo Igor faría o segundo na súa conta persoal e, para pechar, o 5-0 definitivo un rápido un contra un de Juan, resolto con sobriedade.

A dez minutos do final a colexiado tivo que dar por rematado o encontro, o Trasmiras C.F. xa só tiña 7 xogadores sobre o campo. O Entroido ganoulles a partida.

 

Unha vitoria que nos permite seguir de novo a estela do ascenso logo do tropezón do Barbadás B en terras alaricanas, e que demostra que aínda queda moita leña que cortar.