|
C.D. A Rúa 13 - ClubDeportivoMaceda 1 Acudían os rapaces do xuvenil B a disputar o seu último partido de liga a terras ruesas coa ilusión de disputarlle o partido a un rival da zona alta da clasificación.
O partido comezou cos nosos ben asentados no campo e plantando cara nos primeiros 15 minutos, a pesares de que nalgún balón largo que se coaba entre os centrais os dianteiros do C.D. A Rúa xa daban mostras do seu perigo. Foi deste xeito como os locais se adiantarían no taboleiro e como pouco despois marcarían o seu segundo tanto. Reaccionaron os nosos cun precioso gol de Johny, un lanzamento de libre directo a perna cambiada que foi a parar a escuadra dos da Rúa facendo inútil a estirada do cancerbeiro local.
Este gol deulle só unha faísca de ilusión aos nosos xa que a partir de entón comezaron a caer un tras outro os goles do equipo da casa. O resultado deixa un sabor agridoce aos nosos rapaces xa que, á espera de valorar a súa participación na Copa Deputación ou nalgunha competición que poida organizar a Federación e sabendo que a próxima xornada lles toca descanso, este era o seu derradeiro partido de liga. Unha liga na que aínda poden evitar a derradeira praza, e na que o feito de contar con moitos rapaces en idade cadete e outros moitos dos cales era a súa primeira experiencia competitiva no fútbol, dá aínda maior valor ao traballo realizado polo seu adestrador Carrancho. |