O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Tropezón final

S.D.C. Arrabaldo 3 - ClubDeportivoMaceda 2

Un mal comezo fixo que os infantís tiveran que traballar de arreo para intentar darlle volta a un partido que comezara cun madrugador gol da S.D.C. Arrabaldo.

 

Os erros dos nosos nos marcaxes a balón parado marcaron o devir do encontro e aínda que o ClubDeportivoMaceda levaba máis perigo que os locais cando o balón rodaba polo terreo de xogo, os goles acababan caendo do lado dos de Santa Cruz.

Aínda así, un espectacular gol de Carlitos dende 30 metros e o oportunismo de Xaime dentro da área rival, mantivéronnos vivos no encontro ata o último suspiro. Foi entón cando A S.D.C. Arrabaldo anotou o seu terceiro gol e deixou os nosos sen tempo para reaccionar e sen apenas opcións de conseguir o sub- campionato desta liga.

A próxima xornada contra o líder e futuro campión. Unha proba de nivel...