|
ClubDeportivoMaceda 1 – A Merca C.F. 0 Partido sen grandes complicacións esta fin de semana en Maceda, fronte a un dos equipos que ocupa praza de descenso, e que demostrou o que lle vai costar manter a categoría.
O balón foi dos nosos en todo momento pero onte a bola non tiña gañas de entrar, as ocasións de Roberto, Rexá, Formoso e Rubio tiveron todas o mesmo destino, sempre moi distantes do arco que marca as diferenzas neste xogo.
Chegamos ao descanso coa sensación de non ter aproveitado o tempo, na continuación os rivais reaccionaron timidamente cun par de boas ocasións, facendo que o ata entón desaparecido Iván demostrase as súas habilidades embaixo dos paus. Foi entón cando chegou o gol de Rexá, que loitou ata o final un balón largo e bateu ao cancerveiro visitante na súa saída. Quedaba aínda moito tempo, porén os da Merca non dispuxeron de grandes ocasións para levarse algo positivo do Cardeal Quiroga, os nosos nun manifesto de sinxeleza firmaron un final de partido tranquilo para levarse unha vitoria sen maiores artificios |