O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Acta de Fundación

 As orixes do C. D. Maceda

 

 

 

Acta de fundación da Sociedade “Deportivo Maceda”

 Na vila de Maceda, provincia de Ourense, a vintedous de Xullo de mil novecentos cincuenta e tres, reúnense os Señores que a continuación se expresan: Don Jose Antonio Rey Formoso, Alcalde deste Concello; Don Juan González Coello, xuíz comarcal; Don Olipio Vázquez Martínez, Cura párroco; Don Antonio Caramés Pato, Xefe local do Movemento; Don Ángel del Río González; Don Ángel Quintanilla Ulla; Don Emilio Ramos Formoso; Don Javier Vicente Román; Don Benjamín González Suárez; Don José Vila Rodríguez; Don Francisco Ramos Formoso; Don Manuel Aldemira Cardedo; Don Manuel Domínguez Carballo; Don Antonio Carbalo Rodríguez; e Don Ramón Beigar Castro.


O Señor Rey Formoso, Alcalde desta vila, Manifesta que o obxecto desta reunión é o de promover  a fundación dunha sociedade de caracter deportivo nesta localidade, necesidade que se ven sentindo por todos os sectores da localidade, e que só óptimos resultados producirá na nosa xuventude, contribuíndo poderosamente á educación cultural e física da mesma: fai historia seguidamente das xestións levadas a efecto polo grupo formado polos sete Señores que figuran en primeiro lugar na relación de asistentes que encabeza esta acta, xestións que culminarán no aluguer dos terreos precisos para construír un campo de deportes, e en arranxos xa comezados e que están en curso de ditos terreos para a súa precisa habilitación. Estima que chegou o intre de formalizar e legalizar no seu día a estrutura de dita Sociedade, e despois de amplo cambio de opinións acórdase por unanimidade:

Primeiro: Constituír nesta vila unha Sociedade con fins deportivos e educativos da nosa xuventude, cuxa denominación será a de “Deportivo Maceda”.

Segundo: Designar provisionalmente, ata que sexa ratificado polas Autoridades deportivas competentes, como presidente da mesma a Don Francisco Ramos Formoso, autorizándoo para que designe os membros que colaborarán con el como directivos da Sociedade. Esta Directiva farase cargo do Campo de Deportes antes citado e da continuación das obras que no mesmo se están a executar, así como das obrigas contraídas polo grupo organizador: procederá de igual xeito coa urxencia posible á confección do Reglamento polo que se rexirá a Sociedade e á presentación á Superioridade para a súa sanción.

Con elo dase por rematado este acto do que se levanta a oportuna acta que firman os señores que a interveñen.