O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Crónicas Modestos
Vitoria minimalista

ClubDeportivoMaceda 1 – A Merca C.F. 0

Partido sen grandes complicacións esta fin de semana en Maceda, fronte a un dos equipos que ocupa praza de descenso, e que demostrou o que lle vai costar manter a categoría.

 

O balón foi dos nosos en todo momento pero onte a bola non tiña gañas de entrar, as ocasións de Roberto, Rexá, Formoso e Rubio tiveron todas o mesmo destino, sempre moi distantes do arco que marca as diferenzas neste xogo.

Ler máis...
 
Mascarada

ClubDeportivoMaceda 5 - Trasmiras C.F. 0 

O Entroido pasou polo Cardeal Quiroga sen que ao Trasmiras C.F. lle dese tempo a sacar a carauta, nun partido trabado e duro no que os limiaos nunca chegaron a por en perigo a vitoria dos de Manolo.

O total dominio dos nosos dende o primeiro minuto, no que xa Formoso estivo a piques de transformar un libre directo, só se vía perturbado por algún balón largo dos da Limia, cheo de corazón  pero sen cabeza, que o cancerbeiro xuvenil Jose Luis atallou sen maiores problemas. O partido mantívose aberto ata pouco antes do descanso pois o estreito do marcador, o 1-0 fora obra de Igor, mantiña as esperanzas e os ánimos do cadro visitante. Todo se lles veu abaixo cando ao pouco de comezar o segundo período, Roberto anotaba o segundo para o ClubDeportivoMaceda. A partir de entón, xogo brusco, protestas, tiróns musculares e máis gañas de Entroido que de fútbol.

Nesta mascarada foron caendo novos goles dos locais, primeiro rubio nunha fermosa vaselina dende banda esquerda, logo Igor faría o segundo na súa conta persoal e, para pechar, o 5-0 definitivo un rápido un contra un de Juan, resolto con sobriedade.

Ler máis...
 
Ao tran- tran

ClubDeportivoMaceda 3 - C.D. Cualedro 2

Nin por un intre o partido do pasado sábado colleu ritmo, máis todos semellaban contentos ao remate do encontro; os rivais porque, aínda con baixas, plantaron cara e tiveron nos pés un mellor resultado, os nosos porque ao tran- tran conseguiron tres puntos máis.

A cousa pintaba mal de principio, pouco ambiente (máis esaxerado que de costume; sábado, fútbol- sala, partido do Espadana, partido de veteranos, o Barça na TV…), día gris e gol madrugador dos visitantes. Por sorte os nosos acudiron a tempo e Rexá, aprobeitando que Michel se sacou un pase de tiraliñas do peto, enseguida igualaría o encontro.
 
As contadas ocasións nesta primeira parte eran a favor do ClubDeportivoMaceda, logo chegaría un segundo gol nun remate sobrado de serenidade, obra de Roberto. Porén as cousas seguian sen ter moi boa pinta.
Ler máis...
 
Re- póker de goles para seguir na partida

ClubDeportivoMaceda 6 - A Saínza C.F. 1

Aínda que polo resultado poida semellar o contrario, o xogo do pasado Domingo fronte A Sainza C.F. non resultou aburrido. Os da Limia plantaron cara a un ClubDeportivoMaceda que saíu enchufado, o ritmo dos primeiros vinte minutos de partido por parte dos dous equipos foi do mellor que se ten visto no Cardeal Quiroga ao longo da tempada.

Con estas cartas enriba da mesa chegou a xogada mestra de Borrajo, o mediocampista de Almoite, encañonou a escuadra visitante dende 30 metros e sen pensalo disparou. O 1-0 feriu de morte aos limiaos e cambiou definitivamente o devir do partido.

Ler máis...
 
Vitoria merecida do líder

ClubDeportivoMaceda 1 - U.P. Taboadela 3

Un Taboadela totalmente convencido das súas posibilidades presentouse no Cardeal Quiroga disposto a facerse definitivamente co mando da 2ª Autonómica.

Nin sequera o primeiro gol macedán, cando aínda non se tiña superado o ecuador da primeira parte, fixo dubidar a un líder disposto a marchar cos tres puntos en xogo. Nese intre os nosos non lles quedou outra que botar man da habitual fortaleza defensiva para resistir as acometidas visitantes. Porén dous erros clamorosos, un da nosa zaga no saque rápido dunha falta ao borde da área, e outro do colexiado que non sancionou un clarísimo fora de xogo, volverían colocar as cousas no peto dos de Taboadela.
Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 Próximo > Fin >>

Página 1 de 5