|
C.D. A Rúa 13 - ClubDeportivoMaceda 1 Acudían os rapaces do xuvenil B a disputar o seu último partido de liga a terras ruesas coa ilusión de disputarlle o partido a un rival da zona alta da clasificación.
O partido comezou cos nosos ben asentados no campo e plantando cara nos primeiros 15 minutos, a pesares de que nalgún balón largo que se coaba entre os centrais os dianteiros do C.D. A Rúa xa daban mostras do seu perigo. Foi deste xeito como os locais se adiantarían no taboleiro e como pouco despois marcarían o seu segundo tanto. Reaccionaron os nosos cun precioso gol de Johny, un lanzamento de libre directo a perna cambiada que foi a parar a escuadra dos da Rúa facendo inútil a estirada do cancerbeiro local. |
|
Ler máis...
|
|
|
Clara derrota en Chantada |
|
S.D. Chantada 5 - ClubDeportivoMaceda 1 O xuvenil B desprazábase o pasado sábado a terras chantadinas na procura dun resultado positivo. Porén os locais non deron moitas opción aos nosos. Podedes ver a crónica do partidos e fotos dos equipos na páxina da S.D. Chantada. |
|
Doutor Jekyll e mister hyde |
|
ClubDeportivoMaceda 2 - C.D. Allariz 2 Dúas caras ben distintas mostrou o xuvenil macedán na visita do Allariz, un equipo con aspiracións de meterse entre os catro primeiros pero que na primeira parte se viu totalmente superado polo equipo local. E foi así porque nesta primeira parte os nosos disputaron os mellores minutos de toda a temporada, cun aluvión de bo xogo e ocasións. Ocasións que comezaron ben pronto cando Martín puido por dúas veces adiantar ao ClubDeportivoMaceda pero primeiro disparou fora, e logo ao longueiro. De todas formas, a terceira foi a definitiva e o propio Martín puña o 1-0. Avanzada a primeira parte sería Torres o que resolvía un “barullo” na area do Allariz subindo o segundo ao noso taboleiro. Ademais en toda a primeira parte sucedéronse as ocasións con ata tres tiros máis contra os paus, Tomás nun man a man, Emilio, e Míchel logo de regatear a toda a defensa contraria e o porteiro, no último momento un mal bote provocaba que mandase o balón fora... a todo isto, do Allariz solo unha boa ocasión con disparo o longueiro que logo despexa Fabián cando chegaba outro dianteiro para remachar. En definitiva, espectacular primeira parte pero, como se presumía, escaso botín para os méritos feitos. E xa se sabe que nesto do fútbol, o que perdoa, paga. |
|
Ler máis...
|
|
|
Pabellón Ourense C.f. 5 - ClubDeportivoMaceda 1
Partido xogado na xélida tarde- noite do sábado e no que o noso equipo deu unha boa imaxe durante os primeiros 60 minutos para descomporse logo. E iso que o partido comezaba mal, cun gol en contra no minuto 5 despois de que unha falta executada directamente sorprendera a Jose Luis. Nembargante o xuvenil macedán reaccionou rápido e sobre o 15 Emilio puña o empate no marcador; dende entón, posesión para o Pabellón pero sin crear perigo ante un ClubDeportivoMaceda que defendía con moita orde, ben colocado sobre a herba artificial dos Remedios. Porén, cando o Maceda, cara o final da primeira parte tentaba ir pouco a pouco para arriba, o Pabellón, terceiro clasificado na liga, sorprendía nunha contra e marcaba o 2-1 co que se chegaba ao tempo de lecer. |
|
Ler máis...
|
ClubDeportivoMaceda 3 - Soutopenedo C.F. 1
Partido estraño o disputado na mañá do domingo no Cardeal Quiroga entre dous rivais directos por evitar o descenso, e así aínda que o partido dos nosos non foi bo, puido golear e sen embargo rematou sufrindo. Na primeira parte, o equipo dispuxo dunha manchea de oportunidades que, unha tras outra, se foron malogrando agás unha das primeiras que Michel transformaba no único tanto que ao descanso lucía o marcador. Pola contra o equipo visitante só dispuxo dunha ocasión subliñable que J.Luis desbaratou cunha boa parada. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 Próximo > Fin >>
|
|
Página 1 de 4 |