|
Final con bo sabor de boca |
|
Oira 2 - ClubDeportivoMaceda 2 Derradeiro partido da tempada para os cadetes do club, que chegaban xa sen opcións de clasificarse para a seguinte fase da Copa Deputación, pero con gañas de demostrar a súa progresión durante este ano. O partido foi igualado en tódolos sentidos; posesión, loita e ocasións repartíronse por ambos lados. O Oira adiantouse no taboleiro cando aínda non se superaba a metade do primeiro tempo, un gol ó borde d fora de xogo que semellou contrariar ós nosos pois ata aquel intre os achegamentos máis claros viñeran da man dos macedáns Fabian e Dani. |
|
Ler máis...
|
|
|
Primeiro tempo de luces e segundo de sombras: C.D. Maceda 5 - Pabellón Promesas 5 |
|
Saíron os cadetes ó Cardeal Quiroga con outro aire, loitaron, combinaron con facilidade e Chirri nun primeiro tempo memorable marcou tres golazos que encheron as bancadas de incredulidade. |
|
Ler máis...
|
|
C. D. Maceda 3 Oira 2 Por se alguén lle roldaba á cabeza a idea de que os cadetes non serían capaces de estrear á conta de vitorias, os nosos rapaces encargáronse o pasado sábado de despexar calquera dúbida. Fronte a un rival aguerrido e duro como o Oira, o equipo de Iván soubo empregar as súas armas e saír airoso do enfrontamento. Os goles de Martín, contrarrestaron os dous tantos visitantes e fixeron que esta vez a volta ós vestiarios fose máis doce que de costume. |
|
|
|
|
|
|