O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
Crónicas Infantís
A sorte do (merecido) campión

ClubDeportivoMaceda 1 – E.M.F. Arenteiro 4

Disque a sorte hai que buscala e así foi como veu a Maceda un Arenteiro infantil que, co campionato de liga xa nas mans, continuou empregando as mesmas armas futbolísticas coas que xa derrotara aos nosos no partido de ida; posesión e circulación de balón… por se a sorte chega e hai que empurrala cara o fondo das maias.

O encontro, ao contrario do que reflicte o taboleiro, estivo igualado e os dous equipos gozaron das súas oportunidades e tiveron os seus intres de dominio. Comezaron pegando os do Carballiño mediada a primeira parte, cunha internada por banda dereita ante a que o cancerveiro macedán Borja non deu reaccionado a tempo.

Leer más...
 
Reacción a tempo

ClubDeportivoMaceda 3 - Ponte Ourense "C" 1 

A mañá do Sábado presentábase fría e aos nosos custoulles “quentarse” para despregar o seu mellor xogo e superar a un rival que viña disposto a furgar na ferida provocada polos últimos tropezos na liga.

Saía o ClubDeportivoMaceda cun once moi renovado onde destacaban os alevíns Oskina, Iván Otero e Martín, que xa puideramos ver fronte ao Maristas Ourense, e que volveron a deixar no banco aos teóricos titulares.

Ler máis...
 
Derrota merecida

Maristas Ourense 3 - ClubDeportivoMaceda 1 

Saltaron os nosos infantís ao campo do Parque Tecnolóxico cun equipo titular no que destacaban as ausencias dalgúns habituais no once infantil. Sorprendía especialmente a titularidade dos alevíns Iván Otero e Dani na punta de ataque, máis tamén a praza no banquiño de Adrián Gavilanes e Xaime ou a ausencia na convocatoria de Ramón.

Segundo os monitores do equipo, Lucas e Formoso, a intensidade dalgúns xogadores nos últimas semanas de adestramento tense reducido de xeito brusco e iso estase a ver reflectido tanto nas oportunidades que están a ter os que manteñen a intensidade de meses atrás, así como no xogo e nos resultados do equipo.

Ler máis...
 
Tocándoa baixo a auga

ClubDeportivoMaceda 3 - S.D. Arrabaldo 1 

Despois do moito que tiña chovido na noite do Sábado sobre Maceda, o Cardeal Quiroga recibiunos enchoupado de auga, especialmente no fondo contrario da entrada e nas posicións dos cancerbeiros, se ben mellor do que cabía esperar á vista dos lameiros veciños.

 

Os nosos enfrontábanse a un Arrabaldo que viña demostrando ser un dos equipos en boa progresión nesta liga e capaces de dar a sorpresa en calquera campo. Por outra banda os macedáns mostraron dende o primeiro minuto que o pasado encontro nas Eiroás non entraba na dinámica do equipo e dende o principio trataron de levar o peso do partido.

Ler máis...
 
Máis difícil do agardado

Santa Teresita 2 - ClubDeportivoMaceda 3

Complicado o partido que lles tocou xogar aos infantís na mañá do sábado nas Eiroás. Os nosos enfrontábanse ao Santa Teresita, un equipo que a pesares de ocupar un dos  últimos postos na táboa clasificatoria e recibir varias goleadas no que levamos de liga, soubo xogar as súas armas para facer un bo partido e que os nosos pasasen moitos apuros.

Nos primeiros dez minutos, os locais gozaron de varias oportunidades de xeito que aos vinte, chegaría o primeiro gol ourensán. O choque non podía comezar de peor forma xa que a parte de chegares o primeiro gol local, o ClubDeportivoMaceda non estaba realizando o bo xogo ao que nos tiña acostumados en partidos anteriores.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 Próximo > Fin >>

Página 1 de 4