O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións

 

2ª Autonómica Grupo 9 Modestos

ClubDeportivoMaceda - Entrimo C.F.

Sábado 4, ás 18:00 h. no Cardeal Quiroga

 

 

                                                                             

 
Xa están á venta os polos do C.D. Maceda

Podes facerte cun dos nosos polos en Estación de Servicio Maceda, nos adestramentos e partidos do C.D. Maceda ou enviándonos un correo electrónico a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla para facercho chegar do xeito que máis che conveña.

Tallas S, M, L, XL e XXL 

 
Fotos Tempada 2009- 2010
 
 
 
 
 
Vitoria minimalista

ClubDeportivoMaceda 1 – A Merca C.F. 0

Partido sen grandes complicacións esta fin de semana en Maceda, fronte a un dos equipos que ocupa praza de descenso, e que demostrou o que lle vai costar manter a categoría.

 

O balón foi dos nosos en todo momento pero onte a bola non tiña gañas de entrar, as ocasións de Roberto, Rexá, Formoso e Rubio tiveron todas o mesmo destino, sempre moi distantes do arco que marca as diferenzas neste xogo.

Ler máis...
 
 
A sorte do (merecido) campión

ClubDeportivoMaceda 1 – E.M.F. Arenteiro 4

Disque a sorte hai que buscala e así foi como veu a Maceda un Arenteiro infantil que, co campionato de liga xa nas mans, continuou empregando as mesmas armas futbolísticas coas que xa derrotara aos nosos no partido de ida; posesión e circulación de balón… por se a sorte chega e hai que empurrala cara o fondo das maias.

O encontro, ao contrario do que reflicte o taboleiro, estivo igualado e os dous equipos gozaron das súas oportunidades e tiveron os seus intres de dominio. Comezaron pegando os do Carballiño mediada a primeira parte, cunha internada por banda dereita ante a que o cancerveiro macedán Borja non deu reaccionado a tempo.

Leer más...
 
Charla- coloquio dos capitáns do Depor

Os capitáns do Deportivo da Coruña Valerón, Sergio e Manuel Pablo compartirán con tódolos rapaces das escolas de fútbol base as súas vivencias como xogadores de elite dende o lado máis humano.

O acto terá lugar o próximo martes día 9 ás 19:00 horas no Salón de actos do Edificio Politécnico da Universidade de Vigo no Campus das Lagoas.

Os monitores do ClubDeportivoMaceda asistirán á charla e convidan a pais e membros da escola a sumarse a esta iniciativa organizada por Ourense Escuela Total de Fútbol. Para elo xuntarémonos na praza Benigno Álvarez (fronte ao “Carro”) ás 18:00 horas para compartir coches. Podedes inscribiros no Pavillón dos deportes de Maceda. Esperámosvos!

 
Tropezón final

S.D.C. Arrabaldo 3 - ClubDeportivoMaceda 2

Un mal comezo fixo que os infantís tiveran que traballar de arreo para intentar darlle volta a un partido que comezara cun madrugador gol da S.D.C. Arrabaldo.

 

Os erros dos nosos nos marcaxes a balón parado marcaron o devir do encontro e aínda que o ClubDeportivoMaceda levaba máis perigo que os locais cando o balón rodaba polo terreo de xogo, os goles acababan caendo do lado dos de Santa Cruz.

Ler máis...
 
Despedida agridoce

C.D. A Rúa 13 - ClubDeportivoMaceda 1

Acudían os rapaces do xuvenil B a disputar o seu último partido de liga a terras ruesas coa ilusión de disputarlle o partido a un rival da zona alta da clasificación.

 

O partido comezou cos nosos ben asentados no campo e plantando cara nos primeiros 15 minutos, a pesares de que nalgún balón largo que se coaba entre os centrais os dianteiros do C.D. A Rúa xa daban mostras do seu perigo. Foi deste xeito como os locais se adiantarían no taboleiro e como pouco despois marcarían o seu segundo tanto.

Reaccionaron os nosos cun precioso gol de Johny, un lanzamento de libre directo a perna cambiada que foi a parar a escuadra dos da Rúa facendo inútil a estirada do cancerbeiro local.

Ler máis...
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 1 de 9
Enquisa
¿Que frase de alento porías nas bufandas do ClubDeportivoMaceda?
 
¿Quen está en liña?
Tenemos 1 invitado conectado